Carlos Sedes
Formación intensiva de interpretación audiovisual
Demostra todo o teu talento e conecta coa industria nos nosos cursos intensivos de fin de semana.
Proxectos de Carlos Sedes
Carlos Sedes é director de títulos como:
– El Caso Asunta
– Fariña
– Now&Then
– Land of Women
– Las Chicas del Cable
– Velvet
Entre os seus últimos proxectos destacan os seguintes:
– Manual para Señoritas
– La Viuda Negra (en postproducción)
Información del curso
Adestramento práctico mediante ensaios e gravacións das escenas.Deseñado para quen queira desenvolver o seu traballo concretamente en interpretación a cámara fronte as especiais condicións dunha rodaxe.
Esta formación intensiva inclúe:
- Masterclass co director.
- Traballaranse aspectos como construción do personaxe ou ritmo cinematográfico, co único obxectivo de lograr unha interpretación honesta, fronte á cámara.
- Traballaranse escenas dunha forma práctica e personalizada. Faranse ensaios e gravación en alta calidade de son e imaxe. SECUENCIAS GRAVADAS CON ÓPTICAS DE CINEMA.
- As escenas serán seleccionadas polo director para cada participante.
Cal é o proceso de admisión?
Para reservar a túa praza nalgún dos nosos obradoiros e formación para profesionais é necesario enviar o teu CV e unha foto a secretaria@actgalicia.com para que poidamos valorar o teu nivel e experiencia.
Data e prezo
Datas: 10 e 11 de maio 2025
Horario intensivo de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00.
Prezo: 170€ por alumno (reserva previa obrigatoria)
Preguntas frecuentes
O curso realizarase cun mínimo de 13 asistentes e un máximo de 18
Débese facer un uso responsable das reservas de asento. A cancelación a última hora é un problema tanto para os teus compañeiros como para as persoas que quedaron fóra do grupo. Se finalmente non podes acudir ao curso, podes solicitar a devolución ou o cambio por outro curso, sempre que sexa antes de 7 días antes do curso.
As escenas recibiranse por correo electrónico a través dunha ligazón de Drive onde se poderán descargar en alta calidade
Estos cursos también podrían interesarte

Dirección actoral para directores con Diego Aballe
Adestramento en dirección actoral (traballo a cámara), con ferramentas e
linguaxe para comunicarse coas actrices e actores.
Dous sábados ao mes | 10:00 a 14:00
Sábados pola mañá | 4 horas por sesión (8h/mes) Dende febreiro a xuño, primeiro día de clase sábado 7 febreiro.

Marga Rodríguez
Entrenamiento mes a mes con Marga Rodríguez I Jueves de 17.30 a 21.30h a partir del 5 de febrero I Oferta de lanzamiento hasta el 19 de enero



