ESCOLA DE CINEMA PARA NENOS E ADOLESCENTES
Lunes, mércores e xoves:
Luns de 18:00 a 20:00h. 10 – 12 anos
Mércores de 17:00 a 19:00h. 13 – 15 anos
Xoves 17:00 a 19:00h. 16 – 18 anos
Que inclue o taller?
Clases de dúas horas a semana. Gravacións como aprendizaxe baseada en proxecto. Bloques temáticos. Entrega do material as familias en alta calidade.
Prezo:
55€ ao mes
Como me apunto?
RESERVAS E INFO EN SECRETARIA@ACTGALICIA.COM
Na Escola de Cinema
Na Escola de Cinema temos unha formación de dúas horas semanais divididas en grupos por idades onde os contidos son separados en bloques temáticos. Desde como estar en escena, verbos de acción, apartado de palabra e prosodia, planos secuencia, técnica de cámara ou bloques de drama e comedia.
Este ano temos como novidade que a partir do segundo trimestre comezaremos ca produción dunha pequena película, facendo que toda a aprendizaxe se poña en práctica neste proxecto. Os alumnos coa axuda do profesor crearán o guión, os personaxes, os vestiarios, etc.
O final do curso, faremos unha estrea a modo de mostra, nun dos cines mais emblemáticos do centro de Vigo. Tamén se lle entrega a película e outras escenas que gravemos ao longo do curso aos pais, para que poidan ter un rexistro do traballo dos seus fillxs e sorprenderse de como gañan soltura, proxección vocal, confianza, destreza interpretativa e sobre todo, ver como o pasan bomba.
Se ti tamén estás interesado/a en formar parte da nosa canteira de actores e actrices, contacta con nos! A Escola de Cinema e facilitada por David Alonso, actor e creador escénico con ampla traxectoria na docencia interpretativa.
ar un casting de forma personalizada ayudará al alumno/a a potenciar sus puntos fuertes y a economizar los débiles.
Profesores
Aprenderás de profesionais de cine e a televisión, que coñecen de primeira man a industria e compaxinan a ensinanza cos seus traballos en cine e televisión.
David Alonso
Vigo, 1993 Actor e profesor de Interpretación. Licenciado na ESAD de Galicia, Diplomado na Escola Internacional de Mimo e Teatro Gestual Nouveau Colombier e especializado en artes vivas no Laboratorio de Investigación Teatral AVES MIGRATORIAS DE MADRID no Centro Conde Duque dirixido por Sleepwalk Collective, onde participou en catro montaxes profesionais. No seu paso por Madrid, traballa en ACTORES MADRID como profesor de Expresión corporal para o segundo ano da diplomatura e crea un método propio para adaptar os ensinos de Lecoq a actrices e actores doutras disciplinas. O volver a Vigo, organiza como xefe de estudos a Diplomatura e despois Master da sede AM VIGO, onde refina una nova pedagoxía multidiciplinar enfocada no corpo. Paralelamente traballa de actor en A LEI DE SANTOS de Voz Audiovisual ou UN ASUNTO PRIVADO de Amazón
Diego Aballe
Vigo, 1986 Estudou Dirección de Escena na ESAD de Galicia e un Máster de Dirección de Cinema na ESCAC, ó que accedeu cunha beca extraordinaria da Fundación ESCAC. No seu paso por Barcelona traballou para distintas produtoras, en publicidade, curtas e longametraxes cinematográficas. En 2020 forma en Vigo a productora Coven Films, xunto ca Directora de Arte Amanda Seijas, onde traballa actualmente. Canibalismo é a sua primeira curtametraxe, unha adaptación da peza teatral homónima de Marcos Abalde, que entre 2021 e 2022 viaxa por 40 festivais e consegue un Méliès d´Argent á Mellor Curtametraxe Europea de cinema fantástico. Actualmente adícase á posprodución da súa próxima curtametraxe, que conta co financiamento do AGADIC, ó tempo que traballa en AM como profesor de rodaxe e interpretación e xefe técnico da escola.
Preguntas frecuentes
Contacta con secretaria@actgalicia.com
O curso se celebrará cun mínimo de 10 asistentes y un máximo de 15
Débese facer un uso responsable de reserva de praza. A cancelación a última hora supón un problema tanto para os teus compañeiros como para as persoas que se quedaron fóra do grupo.
Se finalmente non podes vir ao curso, podes solicitar unha devolución ou un cambio por outro curso, sempre que sexa antes dos 7 días previos á celebración do mesmo
Cada vez que gravemos enviaremos un mail cun link para a súa descarga
Estemos en contacto
Etiquétanos nas túas fotos e vídeos de clase. Compartimos sempre!