A diplomatura de Interpretación para Cinema e Televisión é un programa práctico que ten como obxectivo dar ao estudante ferramentas concretas que lle permiten saír airoso de calquera traballo de interpretación no medio audiovisual.
Trátase dunha formación enfocada á inserción no mundo laboral ao alumnado. O cinema é unha das industrias que máis se está desenvolvendo nos últimos anos, desde o nacemento das plataformas a oferta de traballo para actores e actrices en series de televisión e longametraxes disparouse nos últimos anos.
A diplomatura ten un programa testado durante máis de 13 anos en formato presencial. Conta cos profesionais en activo máis relevantes da industria hispano falante . O profesorado son directores de casting, actores, actrices realizadores de series de televisión, longametraxes e webseries.
Na diplomatura de Interpretación impleméntanse técnicas innovadoras. O alumnado traballa e grava escenas e self tapes totalmente profesionais, permitindo a súa presentación na industria coas mellores garantías de éxito. A diplomatura está orientada ao traballo, polo que ademais dunha sólida formación en interpretación, o alumnado coñece e entende a realidade do mercado audiovisual.
Coas materias de guion, industria e investigación e creación, realizaremos curtametraxes escritas e dirixidas na escola, que presentaremos a festivais.
Coa axuda de profesionais da industria, gravaremos unha longametraxe como prácticas de final de curso.