Obradoiro Audiovisual

Formación para adultos (maiores de edae)
Grupos por nivel

INICIACIÓN

O CURSO COMENZA A SEMANA DO 17 SETEMBRO

MARTES DE 19.30 A 21.30​

55€ AO MES

O Obradoiro Audiovisual, son clases de dúas horas semanais de iniciación a interpretación. Os contidos son separados en bloques temáticos e o alumnado explora de forma teórico-práctica distintos aspectos da interpretación. A final de cada un dos bloques grávase unha secuencia cunha cámara profesional e entréganse por mail, para que en casa os alumnxs poidan analizar o seu traballo, utilizalo para comezar a crear o seu book ou ensinalo aos seus seres queridos e botarse unhas risas. Este ano temos como novidade que a partir do terceiro trimestre comezaremos ca produción dunha pequena curta, facendo que toda a aprendizaxe se poña en práctica neste proxecto. Os alumnos coa axuda do profesor crearán o guión, os personaxes, os vestiarios, etc. O final do curso, faremos unha estrea a modo de mostra, nun dos cines mais emblemáticos do centro de Vigo. O Obradoiro Audiovisual iniciación impárteo David Alonso, actor e creador escénico con ampla traxectoria na docencia interpretativa. Se ti tamén estás interesado/a en formar parte da nosa canteira de actores e actrices, contacta con nos!

INTERMEDIO

O CURSO COMENZA A SEMANA DO 16 SETEMBRO​

LUNS DE 20:10 A 22.10h​

55€ AO MES

O Obradoiro Audiovisual intermedio, son clases de dúas horas semanais pensadas para alumnxs que xa teñen un certo coñecemento interpretativo e queren comezar a aprender novas técnicas e facer separatas mais complexas. Os contidos son separados en bloques temáticos e o alumnado explora de forma teórico-práctica distintos aspectos da interpretación. A final de cada un dos bloques grávase unha secuencia cunha cámara profesional e entréganse por mail, para que en casa os alumnxs poidan analizar o seu traballo ou engadila no seu book. O Obradoiro Audiovisual iniciación impárteo David Alonso, actor e creador escénico con ampla traxectoria na docencia interpretativa e Diego Aballe, director de cinema que supervisará a grabación das secuencias. Se ti tamén estás interesado/a en formar parte da nosa canteira de actores e actrices, contacta con nos!

AVANZADO

O CURSO COMENZA A SEMANA DO 17 SETEMBRO

MARTES DE 19.30 A 21.30h

55€ AO MES

Ao longo da nosa vida como actrices e actores, é moi importante manternos activos e adestrar, para reforzar as nosas ferramentas e adquirir outras novas. A capacidade de analizar, escoita, a adaptabilidade, a concentración e a atención son habilidades básicas da interpretación que se poden adestrar.

Neste taller ensaiaremos e gravaremos secuencias, analizaremos escenas e a mellor forma de abordalas en función das nosas habilidades particulares e o noso perfil, poñeremos en uso as nosas ferramentas interpretativas e, a través de diferentes técnicas, prepararémonos para o que máis nos gusta: actuar.