Mostra de fin de curso ACT GALICIA 2025

Chega o momento máis esperado do ano: a nosa mostra de fin de curso. Un espazo único no que o talento, o esforzo e a creatividade do noso alumnado toman o protagonismo na pantalla grande.

As proxeccións son o resultado dun ano enteiro de aprendizaxe, traballo en equipo e exploración artística. Cada curta, cada secuencia e cada historia foron creadas polo noso alumnado e amosan a valentía de quen se atreve a contar o mundo a través da cámara.

Día 26 de setembro  

    18:30 → Photocall e presentación

    19:00 → Proxeccións: Escola de Cinema + Obradoiro Audiovisual 1 e 2

    20:30 → Descanso

    21:00 → Proxeccións: Obradoiro Audiovisual 3 + Mostras finais Diplomatura

    

Se es un apaixoado do cinema e queres descubrir novas miradas e voces creativas da nosa canteira, esta cita é para ti. Ven celebrar connosco a forza das imaxes e a ilusión dunha nova xeración de artistas audiovisuais.

Dirección: Cine Teatro Salesianos. Rúa de Venezuela, 3