ESCOLA DE CINEMA PARA NENOS E ADOLESCENTES
Lunes, mércores e xoves:
Luns de 18:00 a 20:00h. 10 – 12 anos
Mércores de 17:00 a 19:00h. 13 – 15 anos
Xoves 17:00 a 19:00h. 16 – 18 anos
Prezo:
55€ ao mes
Que inclue o taller?
Clases de dúas horas a semana. Gravacións como aprendizaxe baseada en proxecto. Bloques temáticos. Entrega do material as familias en alta calidade.
Información e reservas
Na Escola de Cinema
Na Escola de Cinema temos unha formación de dúas horas semanais divididas en grupos por idades onde os contidos son separados en bloques temáticos. Desde como estar en escena, verbos de acción, apartado de palabra e prosodia, planos secuencia, técnica de cámara ou bloques de drama e comedia.
Este ano temos como novidade que a partir do segundo trimestre comezaremos ca produción dunha pequena película, facendo que toda a aprendizaxe se poña en práctica neste proxecto. Os alumnos coa axuda do profesor crearán o guión, os personaxes, os vestiarios, etc.
O final do curso, faremos unha estrea a modo de mostra, nun dos cines mais emblemáticos do centro de Vigo. Tamén se lle entrega a película e outras escenas que gravemos ao longo do curso aos pais, para que poidan ter un rexistro do traballo dos seus fillxs e sorprenderse de como gañan soltura, proxección vocal, confianza, destreza interpretativa e sobre todo, ver como o pasan bomba.
Se ti tamén estás interesado/a en formar parte da nosa canteira de actores e actrices, contacta con nos! A Escola de Cinema e facilitada por David Alonso, actor e creador escénico con ampla traxectoria na docencia interpretativa.
ar un casting de forma personalizada ayudará al alumno/a a potenciar sus puntos fuertes y a economizar los débiles.
Ademais, os nosos alumnos máis pequenos teñen a oportunidade de estar representados pola axencia El Faro Representación, coa que está asociada a escola, se os pais otorgan o permiso sen custo adicional.


Profesores
Aprenderás de profesionais de cine e a televisión, que coñecen de primeira man a industria e compaxinan a ensinanza cos seus traballos en cine e televisión.
David Alonso
1993, Vigo. Actor, pedagogo teatral e creador escénico, traballa principalmente no ámbito do teatro e do audiovisual. Está titulado pola ESAD de Galicia en interpretación xestual e conta cun Máster Universitario en Estudos Avanzados de Teatro pola Universidade Internacional da Rioxa. Diplómase no curso regular bianual da escola Internacional de Mimo e Teatro Xestual Nouveau Colombier, onde recibe formación en pedagoxía Lecoq, teatro de máscaras, clown, mimo e pantomima, e bufón. Tamén formou parte do Laboratorio de Investigación Teatral Aves Migratorias de Madrid, no Centro Conde Duque, dirixido pola compañía británica Sleepwalk Collective. Neste último estrena catro producións de artes do movemento. Paralelamente, intégrase na compañía madrileña Producciones Kepler, onde participa no elenco e na creación da peza Alaejos; Pocos y Lejos, estreada e coproducida por Teatro del Barrio. En Galicia, participa nas Residencias Paraíso coa investigación Shelter, sobre a relación entre o corpo e a arquitectura. Dirixe o espectáculo de clown A vida un frenesí, da compañía Barafunda Teatro. Actualmente, codirixe a compañía SOUVENIR xunto con María de Las Llanderas, estreando en 2023 o seu primeiro espectáculo en rede de salas, NON É UNHA CANCIÓN. Paralelamente, é docente e xefe de estudos da escola de interpretación audiovisual ACT Galicia, ademais de formador de clown e teatro social en institutos de educación secundaria. En audiovisual formou parte do reparto de series como Marusía, A Lei de Santos, El Caso Asunta ou Un Asunto Privado.
Antia Reis
2004, Verín (Ourense) A súa paixón pola interpretación comezou desde pequena e este interese levouna a iniciar a súa formación en ACT Galicia. Actualmente, atópase cursando o segundo ano da diplomatura de interpretación diante da cámara, onde tamén recibe leccións de canto impartidas por Jazmín Abuin. Paralelamente, dá clases de interpretación aos grupos máis xoves da escola. Durante este tempo, tivo a oportunidade de enriquecer a súa educación asistindo a masterclass con profesionais como Carlos Sedes, Marga Rodríguez, Conchi Iglesias, Juanma López e Blanca Javaloy. Ademais, forma parte dunha asociación de teatro chamada Colectivo Larolanxa, que lle permitiu medrar como artista. Entre as súas paixóns, xunto con actuar e ir ao cine, atópanse a lectura e a escritura; de feito, apasiónalle calquera forma artística que lle permita, a través da creatividade, explorar e vivir outras realidades.
Preguntas frecuentes
Completa o formulario desta páxina e poñerémonos en contacto contigo cos seguintes pasos a seguir
O curso se celebrará cun mínimo de 10 asistentes y un máximo de 15
Débese facer un uso responsable de reserva de praza. A cancelación a última hora supón un problema tanto para os teus compañeiros como para as persoas que se quedaron fóra do grupo.
Se finalmente non podes vir ao curso, podes solicitar unha devolución ou un cambio por outro curso, sempre que sexa antes dos 7 días previos á celebración do mesmo
Cada vez que gravemos enviaremos un mail cun link para a súa descarga
Estemos en contacto
Etiquétanos nas túas fotos e vídeos de clase. Compartimos sempre!