Adestramento emocional
Natalia del Álamo e Jorge de la Cava
16 e 17 de maio
Datas: 16 e 17 de maio 2026
En horario de 10:00 a 20:00 h.
Que é o adestramento emocional?
É un adestramento intensivo específico para aprender a identificar, comprender, expresar e regular as emocións dun xeito moi concreto e efectivo para a interpretación diante da cámara. Neste proceso de investigación conseguirás atopar a raíz humana que hai detrás dese personaxe, sendo consciente das emocións que sente e chegando a ser capaz de xestionalas. Neste adestramento investigaranse de maneira concreta 3 factores que condicionan os personaxes, como son o vínculo, as imaxes e a ferida. Ademais, fomentaremos o motor de arranque que todo actor ou actriz que se prece debe ter para comezar en acción xa cunha emoción determinada. Traballarase dende a intuición, dende o que manda o corazón puro dese personaxe e non dende a cabeza do propio actor ou actriz. Os nosos adestramentos son sempre prácticos. Estarás diante da cámara dende o primeiro día. Ademais, todo o material será gravado en alta calidade e entregado para que poidas ter o teu material actoral actualizado.
Prezo
120 €
¿Cómo me apunto?
Envía o teu CV e foto a secretaria@actgalicia.com co asunto: ADESTRAMENTO EMOCIONAL. Tamén resolveremos todas as túas dúbidas.
Natalia del Álamo y Jorge de la Cava
Jorge é actor, director de cinema e director de fotografía; Natalia é actriz, pedagoga de artes visuais e especialista en coaching actoral. Levan traballando xuntos 8 anos, nos que se dedicaron ao crecemento profesional e á formación de actores e actrices, compartindo ferramentas efectivas diante da cámara. O seu último proxecto cinematográfico conta con máis de 10 premios internacionais. Ademais, actualmente son profesores do noso Máster de interpretación para cinema e TV.
Preguntas frecuentes
Envía o teu CV e FOTO a secretaria@actgalicia.com
É importante facer un uso responsable da reserva de praza. A cancelación de última hora supón un problema tanto para os teus compañeiros como para as persoas que se quedaron fóra do grupo.
Se finalmente non podes asistir ao curso, podes solicitar unha devolución ou un cambio por outro curso, sempre que sexa con máis de 15 días de antelación á celebración do mesmo.
Unha vez finalizado o curso, enviarémosche un enlace de descarga con todo o material que gravaches (tanto os teus planos como os contraplanos, para que poidas montar as escenas).
ESTAMOS EN...
- Rúa de Barcelona, 22, Local interior, Freixeiro, 36203 Vigo, Pontevedra
- +34 644 63 09 42
SÍGUENOS E NON PERDAS AS ÚLTIMAS NOVIDADES
Contáctanos
Información básica sobre Protección de datos
Responsable: ACTORES MADRID CALLAO, SLU; Finalidad: Finalidad 1: Atender su contacto; Finalidad 2: El envío de comunicaciones comerciales; Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos, indicados en la información adicional; Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en nuestra página web: https://act-madrid.com/privacidad/
Estos cursos también podrían interesarte

Dirección actoral para directores con Diego Aballe
Adestramento en dirección actoral (traballo a cámara), con ferramentas e
linguaxe para comunicarse coas actrices e actores.
Dous sábados ao mes | 10:00 a 14:00
Sábados pola mañá | 4 horas por sesión (8h/mes)

Marga Rodríguez
Entrenamiento mes a mes con Marga Rodríguez I Jueves de 17.30 a 21.30h
Estemos en contacto
Etiquétanos en tus fotos y vídeos de clase ¡Compartimos siempre!



