Dirección actoral para directores con Diego Aballe
Adestramento en dirección actoral (traballo a cámara), con ferramentas e linguaxe para comunicarse coas actrices e actores.
Dous sábados ao mes | 10:00 a 14:00
-Sábados pola mañá | 4 horas por sesión (8h/mes)
- En horario de 10:00 a 14:00h
- Dende febreiro a xuño, primeiro día de clase sábado 7 febreiro.
Que inclue o taller?
- Linguaxe de dirección actoral: traducir as nosas ideas.
- Ferramentas para sacar adiante escenas.
- Preparación e ensaio orientados a cámara, dirección no set.
- Empatía técnica: colocarse no lugar da actriz e do actor.
- Práctica real con actores e actrices convidados.
- Rodaxe de escenas e revisión de material para medir resultados.
Duración e prezo
Trátase dun adestramento por bloques (2 sesións ao mes).
-Prezo: 70€ ao mes.
Duración total: Febreiro - xuño.
Volvemos en Setembro o seguinte curso.
Oferta de lanzamento
Inscrición ata o 25 de xaneiro con prezo reducido: 65€ ao mes, todos os meses deste curso.
¿Cómo me apunto?
Envía CV e foto a secretaria@actgalicia.com co asunto: DIRECCIÓN ACTORAL – DIEGO ABALLE.
Diego Aballe
Diego Aballe é director, produtor e guionista. Formouse en Dirección Escénica na ESADg e cursou o Máster en Dirección Cinematográfica na ESCAC coa Beca da súa Fundación. É cofundador de Coven Films, produtora desde a que desenvolve proxectos de ficción. Compaxina o traballo profesional coa docencia en ACT Galicia desde hai catro anos, impartindo formación en Interpretación na Diplomatura, obradoiros semanais e cursos intensivos, así como cursos para entidades e asociacións externas. A súa traxectoria como cineasta inclúe recoñecementos como o Méliès d’Argent á Mellor Curtametraxe Europea por Canibalismo e o Premio do Público de Cans por Monstera. Na actualidade desenvolve a súa primeira longametraxe co apoio da Axuda á Escrita de Guión do ICAA.
Preguntas frecuentes
envío de CV e foto a secretaria@actgalicia.com (asunto do curso).
Mínimo 8 e máximo 10.
É importante facer un uso responsable da reserva de praza. A cancelación de última hora supón un problema tanto para os teus compañeiros como para as persoas que se quedaron fóra do grupo.
Se finalmente non podes asistir ao curso, podes solicitar unha devolución ou un cambio por outro curso, sempre que sexa con máis de 15 días de antelación á celebración do mesmo.
Entrega de material: enlace de descarga co material gravado ao finalizar o bloque/curso.
ESTAMOS EN...
- Rúa de Barcelona, 22, Local interior, Freixeiro, 36203 Vigo, Pontevedra
- +34 644 63 09 42
SÍGUENOS E NON PERDAS AS ÚLTIMAS NOVIDADES
Contáctanos
Información básica sobre Protección de datos
Responsable: ACTORES MADRID CALLAO, SLU; Finalidad: Finalidad 1: Atender su contacto; Finalidad 2: El envío de comunicaciones comerciales; Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos, indicados en la información adicional; Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en nuestra página web: https://act-madrid.com/privacidad/